Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15712

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia da resolución do expediente MR616A-2022-32-0129.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que queda a súa eficacia supeditada a esa publicación.

O acto foi adoptado polo xefe territorial do Medio Rural en Ourense.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 13 de febreiro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

Anexo

Expediente: axudas para a reposición de danos por incendios en explotacións agrícolas ou gandeiras.

Interesado: 09710983S.

Acto de notificación: resolución de solicitude de axuda.