Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2023 Páx. 15537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2023 pola que se fai pública a declaración da aldea modelo de Mouteira-Parada (Cerdedo-Cotobade, Pontevedra) e a aprobación do seu proxecto de ordenación produtiva.

En cumprimento do disposto nos artigos 112.4 e 115.3 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, faise pública a declaración da aldea modelo de Mouteira-Parada (Cerdedo-Cotobade, Pontevedra), mediante o Acordo do 25 de xaneiro de 2022, do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), CVE MjKwTGP5l1 verificable en https://sede.xunta.gal/cve, e a aprobación do seu proxecto de ordenación produtiva, mediante a Resolución do 31 de xaneiro de 2023, do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), CVE TnOIpBIY4VB3 verificable en https://sede.xunta.gal/cve

Contra os citados acordo e resolución, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 6 e seguintes e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, en ambos os dous casos o prazo contarase desde o día seguinte ao da notificación da resolución ou acto administrativo. Non obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que se xulgue procedente.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural