Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2023 Páx. 15533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0935/2022-TRA e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-PO-0935/2022-TRA e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 13 de febreiro de 2023

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0935/2022-TRA

44078126Y

Inicio

Avenida de Lugo, 84, Pontevedra

PSC-PO-0033/2023-PPM

44085001G

Inicio

Saiñas, 3, Poio

PSC-PO-0045/2023-V

32717835J

Inicio

Neda, 2, Ferrol

PSC-PO-0046/2023-V

77415748W

Inicio

Saiñas, 1, Poio

PSC-PO-0049/2023-PPM

77974112H

Inicio

Saiñas, 5, Poio

PSC-PO-0051/2023-PPM

77415748W

Inicio

Saiñas, 1, Poio

PSC-PO-0062/2023-PPM

53191233F

Inicio

Camiño da Calma-Laredo, 2º, Redondela