Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2023 Páx. 15379

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da convocatoria e das bases reguladoras correspondentes á oferta ordinaria de emprego público do ano 2021.

No BOP de Ourense do día 13 de febreiro de 2023 publicáronse íntegras as bases para cubrir as prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano 2021.

As prazas que se convocan son as seguintes:

I. Oferta ordinaria de emprego público 2021.

A) Funcionarios de carreira:

Inclúense as seguintes prazas funcionariais de acceso libre:

• Unha (1) praza de tradutor/a de lingua galega; subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica. Clase técnico superior. Título universitario de grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios (galego e español), estudos de galego e español, galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios, lingua e literatura galegas, en tradución e interpretación ou equivalentes ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do Marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.

• Unha (1) praza de técnico/a superior en Desenvolvemento Local e Fondos Europeos; subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais. Clase de tarefas especiais. Título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do Marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.

• Dúas (2) prazas de técnicos/as superiores de Administración Financeira e Tributaria; subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica. Clase técnico superior. Título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do Marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.

• Unha (1) praza de técnico/a superior en Desenvolvemento Local e Fondos Europeos, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais. Clase de tarefas especiais. Título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do Marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Concurso-oposición libre.

• Unha (1) praza de enxeñeiro/a especialista en informática, subgrupo A2, escala de administración especial, subescala de servizos especiais. Clase de tarefas especiais. Título universitario de grao en enxeñaría informática, de sistemas e servizos de telecomunicacións, de redes de telecomunicación, electrónica de telecomunicacións ou en sistemas de telecomunicación ou calquera outro título oficial universitario con nivel, como mínimo, 2 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do Marco europeo de cualificacións) nesta rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.

• Unha (1) praza de técnico/a especialista en Xestión Orzamentaria e Contable, subgrupo A2, escala de administración especial, subescala de servizos especiais. Clase de tarefas especiais. Título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario con nivel, como mínimo 2 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do Marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.

• Unha (1) praza de técnico/a especialista en arquivo, subgrupo A2, escala de Administración especial, subescala técnica. Clase técnico medio. Título universitario de grao da rama de Artes e Humanidades ou da rama de Ciencias Sociais e Xurídicas ou calquera outro título oficial universitario con nivel como mínimo 2 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do Marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.

• Dúas (2) prazas de auxiliares de Administración xeral, subgrupo C2, escala da Administración xeral, subescala auxiliar. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2. Oposición libre.

Resérvase para persoas con diversidade funcional a seguinte praza das incluídas no punto anterior:

• Unha (1) praza de auxiliar da Administración xeral, subgrupo C2, escala de Administración xeral, subescala auxiliar. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2. Oposición libre.

No caso de que esta praza non a cubra unha persoa con discapacidade, acumularase ás da convocatoria ordinaria e poderá ser cuberta por persoas sen discapacidade que superen os procesos selectivos correspondentes.

B) Cadro de persoal laboral:

Inclúense as seguintes prazas de persoal laboral fixo:

Prazas de acceso libre:

• Catro (4) prazas de legoeiros/as, subgrupo AP. Sen requisito de titulación. Copia do diploma ou certificado Celga 2. Concurso-oposición libre.

• Unha (1) praza de chofer-operario/a de lixo, subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria, técnico ou equivalente. Permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional. Copia do diploma ou certificado Celga 2. Concurso-oposición libre.

• Unha (1) praza de mestre/a de teares e tecidos, subgrupo C1. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición libre.

Prazas de promoción interna vertical:

• Unha (1) praza de auxiliar de servizos, subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2. Concurso-oposición.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE. As solicitudes poderanse presentar no Rexistro Xeral da Deputación ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As modalidades de presentación son as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na oficina de asistencia ao cidadán en materia de rexistro da Deputación Provincial ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) De forma telemática, a través do Rexistro Electrónico Xeral da sede electrónica da Deputación Provincial, no enderezo https://sede.depourense.es

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polos seguintes importes, xuntando á solicitude o correspondente xustificante: para as prazas do grupo A1, 19 euros; para as prazas do grupo A2, 17 euros; para as prazas do grupo C1, 15 euros; para as prazas do grupo C2, 13 euros; para as prazas de agrupacións profesionais sen requisito de titulación; 10 euros.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente na sede electrónica, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense, cando proceda, de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Ourense, 14 de febreiro de 2023

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense