Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2023 Páx. 15355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza unha persoa interesada no recurso contencioso-administrativo 7356/2022, NIG 15030 33 3 2022 0001648.

De conformidade con disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, ou ao ser o domicilio descoñecido, notifícaselle á persoa interesada, por medio de este anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto administrativo notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nos oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo primeiro, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do acto administrativo que se notifica e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase efectuada desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Lugo, 9 de febreiro de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de titular

Persoa interesada

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

585

76526080C

Emprazamento

Vilapedre (Vilalba, Lugo)