Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2023 Páx. 15241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2023 de emprazamento para o trámite de audiencia dos recursos de reposición interpostos no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/45/2016-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento á interesada con DNI 33849976W, para o trámite de audiencia dos recursos de reposición interpostos no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/45/2016-RP1, en relación coas obras consistentes na instalación dunha casa prefabricada, soleira de formigón e instalación dunha caseta prefabricada tipo xardín, auxiliar da casa prefabricada, no lugar da Picota, no termo municipal de Barreiros, provincia de Lugo.

O expediente relacionado está á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar o que considere pertinente.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística