Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2023 Páx. 14998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a consignación de depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Reforma LMT PSY804 no Toural.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación, da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMT PSY804 no Toural, no concello de Vilaboa, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta na que se ingresará o depósito.

Vigo, 7 de febreiro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/169-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma LMT PSY804 no Toural.

Concello: Vilaboa.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

1

36058A03600823000LG

Descoñecido

2023/54/29