Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2023 Páx. 15040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2023 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder plurirrexional de España (POPE) 2014-2020, do contrato administrativo de servizo de desenvolvemento, implantación e validación dun sistema avanzado para a adaptación ao cambio climático que integre as principais variables relacionadas coa preparación e resposta fronte a inundacións e secas e coa xestión de recursos hídricos (expediente OH.788.437).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dase publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 72212460-1 (servizos de desenvolvemento de software analítico, científico, matemático ou preditivo), 72300000-8 (servizos relacionados con datos) e 71700000-5 (servizos de monitoraxe e control) e 71351612-6 (servizos de hidrometeoroloxía).

4. Código NUTS do emprazamento principal do servizo: ES11 Comunidade Autónoma de Galicia.

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de desenvolvemento, implantación e validación dun sistema avanzado para a adaptación ao cambio climático que integre as principais variables relacionadas coa preparación e resposta fronte a inundacións e secas e coa xestión de recursos hídricos. Clave do expediente: OH.788.437.

O contrato pretende os seguintes obxectivos:

– A modernización dos sistemas de información (SI) actuais de control de aforamentos e de xestión de encoros.

– A integración de fontes de información tomadas sobre o terreo para a súa utilización nos modelos (futuras predicións), así como de cara á análise cruzada a posteriori de eventos extremos.

– A monitoraxe remota automática de encoros e aproveitamentos hidráulicos que permita analizar o comportamento dos encoros desde o punto de vista de explotación ante enchentes e secas e a avaliación da seguridade das presas ao longo da súa vida útil ou despois dun fenómeno extraordinario, reportando eventos anómalos que requiran de intervención incluídos informes e ferramentas avanzadas que permitan analizar os fenómenos subxacentes vinculados e presten asistencia á toma de decisións vinculadas á preparación ante eventos extremos.

– A xestión preditiva de encoros, que permita inferir a previsión durante o evento extremo das potenciais afeccións augas abaixo, ademais sobre a seguridade da presa e tomar as medidas oportunas, xerando alertas e propoñendo as manobras que se deben realizar segundo os diferentes escenarios.

– A monitoraxe do recurso dispoñible en como mínimo dúas concas piloto, para profundar no coñecemento da influencia dos distintos usos do solo no ciclo hidrolóxico.

– A cuantificación do recurso hídrico dispoñible e do caudal circulante, tanto en augas superficiais como subterráneas, que poña a dita estimación no marco da xestión de eventos extremos.

– A predición a curto e medio prazo (3 meses) de eventos de seca con resultados como mínimo semanais que integren a evolución esperada dos recursos hídricos cunha orientación estatística que permita trazar alertas temperás e recomendacións en escenarios de risco cuantificado.

– A xestión do recurso en situacións de escaseza e a análise da posible deterioración temporal do estado das masas de auga, monitorizando en tempo real o recurso dispoñible e as demandas existentes, de forma que se poidan establecer previsións a curto e medio prazo (15 días-1 mes) da evolución dos indicadores de escaseza establecidos no plan de seca.

– A mellora, ampliación e calibración da predición hidrolóxica e hidráulica a curto e medio prazo (3-4 días) de eventos de inundación estimando caudal e nivel da auga con resultados diarios cunha orientación estatística que permita trazar alertas temperás e recomendacións en escenarios de risco cuantificado.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 2.471.749,00 euros. Importe total: 2.990.816,29 euros.

8. Valor estimado do contrato: 2.966.098,80 euros. Inclúe o orzamento de licitación (2.471.749,00 euros) e a modificación contractual á alza prevista (494.349,80 euros).

9. Prazo de execución do contrato: 12 meses contados desde o inicio da execución do servizo, sen que se poida prolongar máis alá do 31 de maio de 2023.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: solución técnica proposta (ponderación 26 %), oferta económica (ponderación 24 %), plan de traballo e plan de xestión de riscos (ponderación 10 %), plan de despregamento da solución (ponderación 10 %), oferta de xornadas de capacitación adicionais (ponderación 10 %), oferta para custo máximo de despregamento (CMD) da solución desenvolta no marco do servizo (ponderación 10 %) e oferta de medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 27 de xullo de 2022.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 4.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 12.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: 1.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 23 de agosto de 2022.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou se é o caso UTE: Aquatec Proyectos para el Sector del Agua, S.A. & Prointega Ingeniería, S.L. unión temporal de empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio.

14.2. NIF: U10987048.

14.3. Enderezo: r/ Santa Leonor, 39-2ª planta, 28037 Madrid.

14.4. Código NUTS: ES300.

14.5. Fax: 913 62 10 00.

14.6. Correo electrónico: ingenieria@aquatec.es

14.7. Teléfono: 628 87 06 00.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si, unha das empresas que forma parte da UTE (Prointega Ingeniería, S.L.).

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 2.113.300,00 euros. Importe total: 2.557.093,00 euros.

16. Información sobre si o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 1 «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación»; prioridade de investimento 1.b «Fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxias entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes»; obxectivo específico 1.2.1 «Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora»; actuación 1.2.1.4 «Liña de fomento da innovación desde a demanda (FID) e da compra pública innovadora (CPI)» (segundo o documento Criterios e Procedementos de selección de operacións (CPSO).

Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do cal se poida obter información sobre o contrato formalizado:

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial da Unión Europea relevantes para o contrato: DOUE nº 2022/S51-132943, do 14 de marzo de 2022.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 9 de marzo de 2022.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 14 de marzo de 2022.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 14 de marzo de 2022.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 27 de xullo de 2022.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 24 de agosto de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de agosto de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 30 de agosto de 2022.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia