Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2023 Páx. 14969

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2023 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social.

O máster universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. O carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT), estableceuse por Acordo do Consello de Ministros do 18 de outubro de 2022, publicado mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 21 de outubro de 2022 no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 28 de outubro.

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril,

resolvo:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social pola Universidade da Coruña, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 3 de febreiro de 2023

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 4318169.

Plan de estudos que se inicia no curso 2022/23.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, anexo II, punto 4.1).

1. Ámbito de coñecemento ao que se adscribe o título: ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionais.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...…

Optativas (OP)…..……….…………………

Prácticas externas (PE)...………………….

Traballo fin de máster (TFM)…….……...…

Total………………………………………….

39

9

6

6

60

3. Contido do plan de estudos:

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Introdución á Estatística

Análise Estatística Descritivo e Inferencial

OP

4,5

Fundamentos Avanzados da Investigación Social

Procesos e Deseños da Investigación Social

OB

4,5

Fundamentos da Análise Social en R

OB

4,5

Técnicas Avanzadas de Investigación e Produción de Datos Sociais

Técnicas de Investigación Cualitativas, Prospectivas e Participativas

OB

6

Técnicas de Investigación Cuantitativas e Métodos Mixtos

OB

6

Innovación na Análise de Datos Sociais

Innovacións na Análise de Datos Cualitativos

OB

6

Análise Estatística Avanzada

OB

6

Big Data para las Ciencias Sociais

OB

6

Aplicacións da Investigación Social ante os Retos da Sociedade

Seminarios de Especialización Aplicada I: Xénero, Poboación e Migracións

OP

4,5

Seminarios de Especialización Aplicada II: Turismo, Urbanismo e Medio Ambiente

OP

4,5

Seminarios de Especialización Aplicada III: Economía, Tecnoloxía, Risco y Cambio Socio-Cultural

OP

4,5

Prácticas externas

Prácticas externas

PE

6

Traballo de fin de máster

Traballo de fin de máster

TFM

6

O alumnado que a criterio do Comité de Selección careza de formación básica en estatística e en distintos tipos de software comercial de estatística (SPSS, Excel) deberá cursar obrigatoriamente a materia optativa Análise Estatístico Descritivo e Inferencial para completar a súa formación.

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral e existe un equilibrio de créditos entre cuadrimestres.

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social pola Universidade da Coruña.