Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2023 Páx. 15009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos no expediente OU-RES-2022-075 e oito máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Ourense, 7 de febreiro de 2023

Victoria Núñez López
Xefa territorial en Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

OU-RES-2022-075

Bruno Calha Calha

Resolución

A xefa territorial

OU-RES-2022-085

Martín Ferreira Fernández

Proposta

O instrutor

OU-RES-2022-093

David Teixeira Barrul

Resolución

A xefa territorial

OU-RES-2022-094

Ángel Noé Teixeira Barrul

Resolución

A xefa territorial

OU-RES-2022-100

Bianca Matei

Resolución

A xefa territorial

OU-RES-2022-117

Daniel Gabarris Jiménez

Resolución

A xefa territorial

OU-RES-2022-123

Auriel Salin

Proposta

O instrutor

OU-RES-2022-167

Constantin Adrian Cirlan

Acordo

A xefa territorial

OU-RES-2022-168

Mihai Butuluc

Acordo

A xefa territorial