Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2023 Páx. 15052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2023 polo que se somete a información pública a aprobación inicial da modificación puntual número 2 do proxecto sectorial para a implantación da Plataforma Loxística Industrial Salvaterra-As Neves (Plisan).

De conformidade co establecido no artigo 57 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a aprobación inicial da modificación puntual número 2 do proxecto sectorial para a implantación da Plataforma Loxística Industrial Salvaterra-As Neves (Plisan).

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a devandita documentación no portal de transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia e na páxina web do IGVS (https://igvs.xunta.gal/areas/solo-empresarial/plans-e-proxectos-de-parques-empresariais) e presentar ante o IGVS as alegacións, os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo