Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2023 Páx. 14847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Alquiler de Vehículos NYT, S. Coop. Galega Xuvenil.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, fago público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación do artigo 2 (domicilio social) dos estatutos sociais da entidade Alquiler de Vehículos NYT, S. Coop. Galega Xuvenil, acordada na reunión do Consello Reitor da entidade o 9 de xaneiro de 2023. O novo domicilio queda establecido no polígono industrial Sete Pontes, na rúa do Acivro P48, no concello de Vilalba, en Lugo (CP 27800).

Lugo, 3 de febreiro de 2023

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo