Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2023 Páx. 14461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 27 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Moeche e As Somozas (expediente IN407A 2021/234-1).

Expediente: IN407A 2021/234-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT MEA803 derivación a CT As Enchousas.

Concello: Moeche e As Somozas.

1) Características técnicas:

Actuación 1:

– Retensado en tramo LMTA a 20 kV, de 90 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio núm. B5U3MB4W//140 de formigón existente e remate no apoio núm. B5ST0343//141 de formigón existente que se vai substituír.

– Substitución condutor en tramo LMTA a 20 kV, de 78 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio núm. B5ST0343//141 de formigón existente a substituír por un tipo C-12/1000 da LMTA MEA803, procedente da subestación Mera, e remate no apoio núm. B5S0J939//142 de formigón existente que se vai substituír por un tipo C-16/3000.

– Retensado en tramo LMTA a 20 kV, de 121 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio núm. B5S0J939//142 de formigón existente que se vai substituír e remate no apoio núm. B5QG69CT//143 de formigón existente.

Actuación 2:

– Substitución condutor en tramo LMTA a 20 kV, de 106 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio núm. B5S0J939//142 de formigón existente a substituír da LMTA MEA803, procedente da subestación Mera, e remate no apoio núm. B5U9LTEH//142-2 de formigón existente que se vai substituír por un tipo C-14/1000 na LMTA Derivada a CT As Enchousas (15CV06).

– Retensado en tramo LMTA a 20 kV, de 405 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio núm. B5U9LTEH//142-2 de formigón existente que se vai substituír e remate no apoio núm. B64QGPDA//142-6 de formigón existente que está ao carón do CT Enchousas (15CV06). Substitución dos apoios de formigón existentes por tipo C-20/1000 núm. B5WQ6U9C//142-3 e núm. B62RUBR0//142-5. Apoios núm. B5SP8TRA//142-1 e núm. B60UQSA3//142-4 para desmontar.

2) Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 27 de xaneiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Abreviacións:

Ml. aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

Ml. sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

M2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

M2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.

Concello de Moeche

Número de predio: 1.

Lugar: lugar do Monte.

Referencia catastral: polígono 76-parcela 38.

Cultivo: prado e eucaliptal.

Propietaria/o: granxa de vacún SAT 4378 Panda.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 141, 142 e 142-2.

• M2: 4,50.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Ml. aér.: 132,00.

• M2 aér.: 170,00.

Concello das Somozas

Número de predio: 2.

Lugar: lugar As Enchousas.

Referencia catastral: polígono 12-parcela 172.

Cultivo: prado e eucaliptal.

Propietaria/o: granxa de vacún SAT 4378 Panda.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 142-3.

• M2: 2,30.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Ml. aér.: 252,00.

• M2 aér.: 491,00.

Número de predio: 3.

Lugar: lugar As Enchousas.

Referencia catastral: polígono 13-parcela 133.

Cultivo: agrario.

Propietaria/o: granxa de vacún SAT 4378 Panda.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 142-5.

• M2: 2,30.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Ml. aér.: 20,00.

• M2 aér.: 9,00.