Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2023 Páx. 14512

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 1573/2022).

Ao non ser posible efectuar a comunicación ao titular da referencia catastral que se relaciona a seguir por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa, co fin de que no prazo de 15 días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, a persoa interesada no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsable que o contido íntegro das citadas notificacións, así como da totalidade dos expedientes administrativos, está á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello do Pino, situado no edificio do Concello, rúa do Concello, s/n, 15821, O Pino. Igualmente poderán acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Número de expediente

Referencia catastral

Localización

Persoa responsable

1573/2022

2010214NH5511S0001IF

CL Pedrouzo do Pino (A Coruña)

En investigación

O Pino, 30 de xaneiro de 2023

Manuel Taboada Vigo
Alcalde