Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2023 Páx. 14500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, polo que se notifica requirimento en materia de protección do patrimonio cultural porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente VI-SC-005.20).

No ámbito da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, a Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural formulou o 29.11.2022 requirimento no expediente que se indica de actuacións previas á incoación de procedemento sancionador por infracción da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG). Intentada a notificación persoal deste requirimento, non foi posible a súa práctica.

Mediante este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia do acto cuxo contido se indica. A comparecencia que poderá realizar deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no Edificio Administrativo San Caetano, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en Santiago de Compostela.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único devandito. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2023

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO

Procedemento sancionador: VI-SC-005.20. Antas de Ulla (Lugo).

DNI/CIF da persoa interesada: 32416318A.

Acto notificado: requirimento en actuacións previas.