Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2023 Páx. 14262

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan de emerxencias municipal e do Plan de acción ante os incendios forestais.

O Pleno do Concello de Cangas, na súa sesión ordinaria do 29 de abril de 2022, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o Pemu Cangas, Plan de emerxencias municipal de Cangas, e o PAM, Plan de acción municipal ante os incendios forestais.

Segundo. Notificarlle á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia a aprobación destes plans e publicalos no BOP e no DOG».

O que se fai público para os efectos oportunos, coa indicación de que se pode acceder ao seu contido íntegro a través da sede electrónica deste concello (https://cangas.sedelectronica.gal).

Cangas, 24 de xaneiro de 2023

María Victoria Portas Mariño
Alcaldesa