De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Oficina Comarcal de Infraestruturas Agrarias de Lalín, sita en Lalín, na rúa Polideportivo, nº 1, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres (teléfono 886 15 94 52).
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.
Contra o acto a que se refire o anexo, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación.
Pontevedra, 2 de febreiro de 2023
Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Interesado/a |
Acto que se notifica |
MA-108 |
32568842Z |
Resolución de cambio de titularidade |
MA-110 |
52480277G |
Resolución de cambio de titularidade |
MA-111 |
77551010R |
Resolución de cambio de titularidade |
MA-111 |
77551009T |
Resolución de cambio de titularidade |
MA-114 |
77551010R |
Resolución de cambio de titularidade |
MA-114 |
77551009T |
Resolución de cambio de titularidade |
MA-115 |
76801942C |
Resolución de cambio de titularidade |
MA-120 |
35251603D |
Resolución de cambio de titularidade |
MA-125 |
76783959T |
Resolución de cambio de titularidade |