Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoios na LMTA LOZ803A e instalación RC, no concello de Pontevedra, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 1 de febreiro de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/002-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: substitución apoios na LMTA LOZ803A e instalación RC.
Concello: Pontevedra.
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
2 |
36900A090001450000QR |
Redonda |
Descoñecida |
11 de abril de 2023 |
12.00 |