A Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo fai pública a solicitude de demasía da concesión de explotación de recursos da sección C) Monte Castelo núm. 5589, presentada por Euroarce Caolines, S.L., cuxa extensión vén delimitada polas seguintes coordenadas:
Coordenadas UTM ETRS89 |
||
Vértice |
X |
Y |
1 |
631297.970 |
4832930.477 |
2 |
631624.537 |
4832936.890 |
3 |
631612.388 |
4833553.930 |
4 |
631733.949 |
4833556.328 |
5 |
631755.808 |
4832445.524 |
6 |
631307.653 |
4832436.721 |
O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 57.1 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría, e do artigo 21.1 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia. De acordo co establecido no artigo anterior, ábrese un período de información pública dunha duración de trinta días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Lugo, 2 de xaneiro de 2023
O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigos 41.3 e 42.1 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño;
DOG núm. 126, do 4 de xullo)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria