Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2023 Páx. 14021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS626F (expediente 15017001222R e trece máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar, por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non facelo, entenderase practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2, 4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos, contado desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia sen teren presentada a documentación, continuará a tramitación dos expedientes sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15017001222R

32449925F

Requirimento de documentación

10.5.22

15036002722R

Y6305469X

Requirimento de documentación

11.5.22

15005008421R

32845151R

Requirimento de documentación

12.5.22

15030015022R

58058836M

Requirimento de documentación

31.5.22

15073000822R

Y6430693E

Requirimento de documentación

27.5.22

15030015922R

49678962C

Requirimento de documentación

7.6.22

15030015222R

X2444515Y

Requirimento de documentación

31.5.22

15041000521R

47365957X

Requirimento de documentación

18.3.22

15030038621R

Y8546188T

Requirimento de documentación

29.3.22

15058001222R

Y9439771X

Requirimento de documentación

10.5.22

15030011422R

Y9084620W

Requirimento de documentación

10.5.22

15005002922R

Y9472564M

Requirimento de documentación

12.5.22

15030002322R

47364693B

Requirimento de documentación

6.4.22

10005003422R

Y9440287G

Requirimento de documentación

30.5.22