Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2023 Páx. 13843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 20 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, dunha instalación eléctrica no concello do Saviñao (expediente 2022/16 ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: regulamentación LAMT CHA-811 Saviñao 11, entre apoio 68-45-2 e 68-45-5-CT.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Substitución do apoio de formigón número 68-45-3 da LAMT CHA-811 Saviñao 11 por un novo apoio de celosía de tipo C-14/2000. Cambio do condutor LA-30 existente por outro de tipo LA-56 entre os apoios número 68-45-3 proxectado e número 68-45-4 existente, cunha lonxitude de 75 m. Retensado do condutor existente entre o apoio número 68-45-2 existente e o número 68-45-3 proxectado.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 144 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de trinta días, a contar desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no Concello do Saviñao. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía,Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/savinao

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produza de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 20 de xaneiro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de predio

Propietario

Parcela

Afección

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Apoio

Voo

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

Políg.

Parc.

1

Victorino Iglesias Expóxito

158

32

Horta

Prado

68-45-3 (1AP)

2