Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2023 Páx. 13685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 28 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS626F (expediente 15054003414R e oito máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para ser notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados dende o día seguinte á data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro do referido acto e do seu expediente advertíndolles que, de non facelo, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe interpor o recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á súa notificación, practicada por comparecencia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 28 de decembro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE

Resolución

Data da resolución

15054003414R

52811348J

Extinción

11.2.2022

15054002918R

34638592V

Suspensión

11.2.2022

15030056521R

Y7541955Q

Modificación

11.2.2022

15030002020R

Y7780118Z

Extinción

11.2.2022

15030016618R

X9028267P

Suspensión

17.2.2022

15054003319R

32710141R

Extinción

16.2.2022

15030031219R

Y4950962L

Suspensión

15.2.2022

15078001819R

55349896M

Suspensión

17.2.2022

15058001420R

X9542841A

Suspensión

15.2.2022