Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2023 Páx. 13663

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 30 de xaneiro de 2023 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante Orde do 8 de novembro de 2022.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade mediante Orde do 8 de novembro de 2022 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a dita convocatoria, coa adxudicación do destino á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, efectuada por Orde desta consellería do 8 de novembro de 2022.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do novo destino deberase realizar, a partir do día do cesamento, no prazo de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2023

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade

ANEXO

Apelidos e nome: Castro Pascual, María Luisa.

DNI: **2712***.

Grupo/Subgrupo: C1.

Corpo ou escala: 2107 - corpo xeral de administrativos da Junta de Andalucía.

Código de posto: EM.501.00.000.15770.001.

Denominación: secretario/a do/a director/a xeral.

Nivel: 18.

Centro directivo: Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Localidade: Santiago de Compostela.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.