Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2023 Páx. 13374

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación urbanística, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución do sistema viario no núcleo de Pedroso.

Faise público que, mediante o acordo do Pleno da Corporación Municipal do Concello de Padrón, adoptado na sesión realizada o 24 de novembro de 2022, se aprobou inicialmente o proxecto de expropiación urbanística, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución do sistema viario no núcleo de Pedroso (Padrón) e a seguinte relación individualizada de bens e dereitos de necesaria ocupación afectados pola obra:

Predio 1:

Referencia catastral: 15066B506055430001GQ.

Titular: en investigación.

Superficie total do predio: 73 m2.

Superficie expropiada: 73 m2.

Clasificación urbanística: solo de núcleo rural.

Situación básica do solo: urbanizado.

Outros bens afectados: un alpendre de pedra e placa ondulada de fibrocemento (73 m2).

Valoración (solo+edificación+premio de afección): 3.370,30 €.

A partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ábrese un período de información ao público dun mes, durante o cal as persoas interesadas poderán formular as observacións ou reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

O proxecto da expropiación poderá consultarse na Secretaría do Concello de Padrón, situado na rúa Longa 27, Padrón, A Coruña, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Padrón, 20 de xaneiro de 2023

Antonio Fernández Angueira
Alcalde