BDNS (Identif.): 674478.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).
Primeiro. Entidades beneficiarias
As cooperativas e sociedades laborais, para o programa I, e as persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para o programa II.
Segundo. Obxecto e finalidade
Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais a través dos seguintes programas:
Programa I: dirixido a fomentar a incorporación, como persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, de persoas desempregadas, persoas traballadoras con carácter temporal e de persoas socias a proba.
Programa II: dirixido a fomentar o acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou de sociedades laborais, así como o fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas, a través do financiamento das achegas económicas ao capital social.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía Social) e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento TR802G e TR802J).
Cuarto. Contía
O orzamento total ascende a catro millóns trescentos mil euros (4.300.000,00 €) e a distribución inicial de créditos por programas é a seguinte:
– Programa I: 2.400.000,00 €.
– Programa II: 1.900.000,00 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 15 de setembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Sexto. Outros datos
Os incentivos a que se refire esta convocatoria están sometidos ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos establecidos nos regulamentos da Comisión (UE) nos 1407/2013, 1408/2013 ou 717/2014, segundo proceda.
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2023
María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade