Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2023 Páx. 13233

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáse publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2023

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data de
sinatura

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ambilamp, para implantar mecanismos que faciliten a recollida selectiva de residuos de lámpadas na Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras á que pertencen: o Hospital Universitario de Ourense (Hospital de Piñor, Hospital Santa Mª Nai, Hospital Materno Infantil e Hospital Cristal), o Hospital Público de Verín e o Hospital Público de Valdeorras

Sen achega económica

8.4.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consorcio Centro de Investigación Biomédica en Rede M.P. (CIBER) no marco do programa de medicina preventiva, pertencente á infraestrutura de medicina de precisión asociada á ciencia e a tecnoloxía (IMPACT)

Sen achega económica

9.5.2022

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Biomédica Galicia Sur (FGBS) para a xestión da formalización do contrato dun facultativo investigador, concedido ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), a través da FBGS ao abeiro da convocatoria 2021-2024 de axudas da Fundación Española de Reumatoloxía (FER) para a incorporación de facultativos con experiencia investigadora dentro dun Servizo de Reumatoloxía

45.000,00 €

13.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Fundación Deporte Galego e o Concello de Arteixo polo que se establece o desenvolvemento de actuacións conxuntas para a implementación dun piloto do programa Adestra a túa saúde e o seu seguimento e avaliación a través da plataforma de datos de actividade física saudable (DAFIS)

Sen achega económica

6.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Fundación Deporte Galego e o Concello de Abegondo polo que se establece o desenvolvemento de actuacións conxuntas para a implementación dun piloto do programa Adestra a túa saúde e o seu seguimento e avaliación a través da plataforma de datos de actividade física saudable (DAFIS)

Sen achega económica

6.7.2022

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española contra o Cancro (sede provincial de Ourense), para pór á disposición desta asociación no Hospital Universitario de Ourense, no Hospital Público de Valdeorras e no Hospital Público de Verín (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) os recursos necesarios para o desenvolvemento do programa de apoio e acompañamento e actividades de voluntariado

Sen achega económica

11.7.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Xaime Quesada Blanco para a cesión de uso de cadros para a súa exposición no Hospital Universitario de Ourense

Sen achega económica

29.7.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Campo Lameiro no cal se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde de Campo Lameiro

110.343,02 €

26.8.2022

Addenda ao acordo marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, Galaria, Empresa Pública de Servicios Sanitarios, S.A., a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), o Clúster de la Salud de Galicia (CSG), o Clúster de la Madera y el Diseño de Galicia (CMD), a Axencia Galega de Innovación (GAIN), a Axencia Galega da Industria Forestal (Sera), o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidad de Vigo (UVI), a Fundación Universidade Empresa (Feuga), a Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC), o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Fundación Juana de Vega, para a participación conxunta na convocatoria de proxectos europeos da iniciativa New European Bauhaus

5.000,00 €

6.9.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Sarreaus no que se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde de Sarreaus

15.088,00 €

16.9.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de San Amaro no que se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde de San Amaro

48.474,19 €

16.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Colexio Oficial de Médicos da Coruña para a utilización de receitas oficiais do Servizo Galego de Saúde, en formato papel, para o uso dos/das colexiados/as xubilados/as

Sen achega económica

16.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Colexio Oficial de Médicos de Lugo para a utilización de receitas oficiais do Servizo Galego de Saúde, en formato papel, para o uso dos/das colexiados/as xubilados/as

Sen achega económica

16.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Colexio Oficial de Médicos de Ourense para a utilización de receitas oficiais do Servizo Galego de Saúde, en formato papel, para o uso dos/das colexiados/as xubilados/as

Sen achega económica

16.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra para a utilización de receitas oficiais do Servizo Galego de Saúde, en formato papel, para o uso dos/das colexiados/as xubilados/as

Sen achega económica

16.9.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Riós no cal se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde de Riós

24.081,99 €

20.9.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade da Coruña para a promoción da colaboración en materia investigadora no ámbito da Área Sanitaria de Ferrol

Sen achega económica

20.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Santorum, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Morrazo, S.L., para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Lázaro Visión, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Hermo, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Hermo, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Emine, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Cid para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Cariño, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Camba, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Alain Afflelou Bertamiráns, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e María Rosa Rial Álvarez, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e La Óptica de Bea, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e José Manuel Muíño Temprano, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e General Óptica, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Farmacia Óptica Ardao Prego, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Esther Cortés Centro Óptico, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Adrián Salgado Ópticos y Audiólogos, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Opticalia Enríquez, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Xallas, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

1.10.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Fundación Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), sobre o uso de espazos nas campañas de vacinación masiva contra a COVID-19 desenvolvidas polo Sistema público de saúde de Galicia

144.000,00 €

11.10.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Fundación Instituto Feiral da Coruña (Ifeco), sobre o uso de espazos nas campañas de vacinación masiva contra a COVID-19 desenvolvidas polo Sistema público de saúde de Galicia

144.000,00 €

11.10.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense), sobre o uso de espazos nas campañas de vacinación masiva contra a COVID-19 desenvolvidas polo Sistema público de saúde de Galicia

144.000,00 €

11.10.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Meis para a execución das obras de construción dun novo Centro de Saúde no concello de Meis

Sen achega económica

11.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Tábora Betanzos para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

13.10.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Soutomaior no cal se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde de Soutomaior

Sen achega económica

14.10.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Noia para a execución das obras de construción dun novo Centro de Saúde no concello de Noia

Sen achega económica

18.10.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Lousame no cal se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde de Lousame

9.282,72 €

20.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica María Esther Rego Fernández para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

20.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica M&L, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

20.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Multiópticas, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

20.10.2022

Acordo de prórroga ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas externas dos alumnos estranxeiros

Sen achega económica

22.10.2022

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Dorzán, para prestar apoio no Hospital Universitario de Ourense mediante o programa Preparando a volta á casa

Sen achega económica

28.10.2022

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Lundbeck España, S.A., para o desenvolvemento de actividades de promoción da saúde mental

Sen achega económica

3.11.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consello Evanxélico de Galicia, para a asistencia relixiosa evanxélica nas institucións hospitalarias do Servizo Galego de Saúde

Sen achega económica

8.11.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue

58.200,00 €

8.11.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Campo Lameiro no cal se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde de Campo Lameiro

Sen achega económica

12.11.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Zas no cal se establecen as bases para a reforma e ampliación do consultorio de Baio

65.861,51 €

13.11.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais Aspaneps para a actualización e implantación do proceso asistencial no eido dos trastornos da aprendizaxe e trastornos de saúde mental relacionados en saúde mental infanto-xuvenil

95.038,00 €

15.11.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Baña no cal se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde da Baña

23.990,17 €

15.11.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Geriolveira, S.L., para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia para persoas maiores Amboage

Sen achega económica

21.11.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Lafuente para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

24.11.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de San Amaro no cal se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde de San Amaro

48.474,19 €

24.11.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Raiola SPAM, S.L., para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia para persoas maiores Raiola San Marcos

Sen achega económica

25.11.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Nosos Avós, S.L., para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia San Simón

Sen achega económica

25.11.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Boimorto no que se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde de Boimorto

24.938,36 €

1.12.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Persoas Alcólicas Adiante para o programa de apoio a abstinencia en persoas alcohólicas e outras adiccións

15.468,00 €

2.12.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Arjomil para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

2.12.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Arjomil para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

2.12.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Óptica Viveiro, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais Coida os teus ollos

Sen achega económica

2.12.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Zas no cal se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde de Zas

24.232,06 €

2.12.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Palas de Rei no cal se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde de Palas de Rei

100.230,90 €

2.12.2022

Addenda ao convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster universitario para a adhesión de Galaria, empresa pública de servizos sanitarios, S.A.

Sen achega económica

2.12.2022

Acordo bilateral entre os Centros de Transplante de Proxenitores Hematopoéticos do Servizo Galego de Saúde e a Fundación Internacional Josep Carreras

Sen achega económica

2.12.2022

Acordo bilateral entre os Centros de Obtención de Proxenitores Hematopoéticos do Servizo Galego de Saúde e a Fundación Internacional Josep Carreras

Sen achega económica

2.12.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Eduardo Varela, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

12.12.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, o Servizo Galego de Saúde e a Confederación Española de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzhéimer e outras Demencias (Ceafa e a Federación Alzhéimer Galicia (Fagal) para recoller datos de prevalencia de alzhéimer e outras demencias na poboación da Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

12.12.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Coirós en que se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde de Coirós

Sen achega económica

12.12.2022

2º Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Enfermos de Ril (Alcer), para a cobertura do servizo de traslado de pacientes aos centros de hemodiálise na provincia de Lugo

2022:
28.036,67 €
2023:
644.843,41 €

13.12.2022

Convenio entre o Instituto Nacional de la Seguridad Social (INSS), a Universidade de Alcalá (UAH), e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización dun curso de incapacidade temporal para médicos asistenciais na modalidade en liña

37.000,00 €

20.12.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións e Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia para o desenvolvemento dun programa de información, orientación e atención psicolóxica especializada

85.706,00 €

22.12.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidad Católica de Valencia San Vicente Mártir para a realización de prácticas externas do máster universitario en deterioración da integridade cutánea, úlceras e feridas

Sen achega económica

23.12.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster para a adhesión de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Sen achega económica

23.12.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Autopista Central Gallega, concesionaria española, S.A.U., e diversas empresas, para facilitar o tránsito de ambulancias asistenciais a través da autoestrada de peaxe AP-53, treito: Santiago de Compostela-Alto de Santo Domingo

Sen achega económica

26.12.2022

Addenda de prórroga e modificación ao convenio subscrito entre o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións (INSS) e a Comunidade Autónoma de Galicia, para o control da incapacidade temporal durante o período 2021 a 2022

Sen achega económica

26.12.2022