Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2023 Páx. 12992

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 5 do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente polo Pleno municipal en sesión do 26 de xaneiro de 2023 a modificación puntual núm. 5 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de San Cibrao das Viñas para establecer os novos límites dos sectores do solo urbanizable SUR-R13, SUR-R17 e SUR-T2, en cumprimento de tal acordo e das prescricións contidas no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous (2) meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no xornal La Región, así como na sede electrónica deste concello www.sancibrao.sedelectronica.es, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial comporta a suspensión do outorgamento de licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do PXOM e que son as seguintes:

Áreas obxecto de suspensión de licenzas

Tipo de licenza

Totalidade do ámbito dos sectores SUR-R13, SUR-R17 e SUR-T2

Demolición, nova edificación e reparcelación

A duración máxima da suspensión é dun ano.

San Cibrao das Viñas, 3 de febreiro de 2023

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde