Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2023 Páx. 12534

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 17 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de dúas bolsas de formación práctica na Área de Estudos e Investigación e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 a 2025 por anticipado de gasto (código de procedemento TU981C).

BDNS (Identif.): 674028.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das bolsas as persoas que reúnan os requisitos previstos no artigo 4 das bases reguladoras.

Segundo. Obxecto e réxime

1. Dúas bolsas de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística, coa seguinte distribución:

a) Unha bolsa relacionada co ámbito da ciencia de datos.

b) Unha bolsa relacionada co ámbito da comunicación de datos turísticos.

O obxectivo das bolsas é fomentar o perfeccionamento profesional da persoa bolseira mediante a realización de prácticas formativas relacionadas co tratamento e análise de datos en materia turística con suxeición ás indicacións do/a titor/a que lle será asignado/a.

2. As bolsas reguladas nesta resolución concederanse en réxime de concorrencia competitiva.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 17 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de dúas bolsas de formación práctica na Área de Estudos e Investigación e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 a 2025 por anticipado de gasto (código de procedemento TU981C).

Cuarto. Importe

A Axencia Turismo de Galicia financiará estas bolsas con cargo ás aplicacións orzamentarias 04.A2.761A.480.0 e 04.A2.761A.484.0 destinadas ao pagamento das retribucións e das cotas da Seguridade Social, respectivamente, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2023, 2024 e 2025.

O importe total que se habilita para esta convocatoria ascende a 60.181,92 € que se distribuirá do seguinte xeito: 57.600,00 € que se imputarán á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.480.0 e 2.581,92 € que se imputarán á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.484.0 e que se destinarán ao pagamento ás persoas bolseiras do importe das bolsas e das cotas patronais da Seguridade Social, respectivamente.

Cada bolsa, cunha duración máxima de 24 meses cada unha, estará dotada cun importe de 30.090,96 euros, distribuídos en pagamentos mensuais.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2023

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia