Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2023 polo que se notifican as resolucións de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello do Barco de Valdeorras (expediente SCOVID/OBARCO/0186 e nove máis).

O Concello do Barco de Valdeorras ditou resolución dos expedientes sancionadores SCOVID/OBARCO/0186 e nove máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes sancionadores, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación das resolucións ditadas nos procedementos sancionadores en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro dos actos que se notifican está á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello do Barco de Valdeorras, situadas na praza do Concello, s/n, O Barco de Valdeorras (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non comparecer no referido prazo, a notificación entenderase producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

As resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou aquela en que se atope a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (entendéndose limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que se atopen dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal ou, potestativamente, recurso de reposición ante a persoa titular da Alcaldía do Concello do Barco de Valdeorras, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2023

Sonia Rial Barreiro
Funcionaria da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF da

persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Contido da resolución

SCOVID/OBARCO/0186

J483629

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á devandita obriga

Artigo 57.2.c.1º) Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

Caducidade do expediente

SCOVID/OBARCO/0262

44096637W

Incumprimento da limitación de permanencia de grupos de persoas non conviventes en espazos de uso público ou privado

Artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Caducidade do expediente

SCOVID/OBARCO/0263

X8319598S

SCOVID/OBARCO/0264

44098011L

SCOVID/OBARCO/0272

44442853E

SCOVID/OBARCO/0305

44434760W

Incumprimento da obrigación de uso de máscaras ou doutros medios de protección ou o uso inadecuado dunhas ou doutros, nos termos establecidos pola normativa sanitaria ou polas medidas de prevención, ordes, resolucións ou actos aprobados, por razóns de protección da saúde pública, polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis, da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Caducidade do expediente

SCOVID/OBARCO/0314

71503155L

SCOVID/OBARCO/0354

71506375

Artigo 44.bis da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Caducidade do expediente

SCOVID/OBARCO/0385

76717718E

SCOVID/OBARCO/0391

Y6961594Z