Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12195

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de aprobación da estrutura de custos para a contratación dos servizos enerxéticos e o mantemento integral da iluminación pública exterior.

O 23 de decembro de 2022, a Alcaldía do Concello de Viveiro ditou resolución que aprobaba a proposta da estrutura de custos para a contratación dos servizos enerxéticos e o mantemento integral da iluminación pública exterior do Concello de Viveiro.

En cumprimento do disposto no artigo 9.7.c) do Real decreto 55/2017, do 3 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei 2/2015, do 30 de marzo, de dexindexación da economía española, someterase a citada proposta á información pública por un prazo de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que calquera persoa poida examinar o expediente e presentar, de ser o caso, cantas alegacións considere oportunas.

Ademais, procédese á sua publicación no taboleiro de anuncios municipal, onde poderá ser consultada, na seguinte páxina web: www.viveiro.es

O que se fai para xeral coñecemento e para os efectos legais expresados.

Viveiro, 10 de xaneiro de 2023

María Loureiro García
Alcaldesa