Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12199

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2022.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro), faise pública a relación de convenios subscritos:

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da sociedade

Convenio entre a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e a Fundación Universidade da Coruña (FUAC)

Constitúe o obxecto do convenio regular as condicións para o desenvolvemento das prácticas integradas no programa de formación empresarial FUAC para estudantes e titulados universitarios

14.11.2022

39.330,75 €/ano

Convenio de colaboración entre o Concello de Riotorto e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. para a realización de obras de interese público na contorna do concello, onde se instalará unha planta de transferencia de residuos para o servizo de varios concellos

Constitúe o obxecto do convenio regular as condicións entre as partes para a execución e financiamento das obras de execución da memoria técnica denominada Acondicionamento e mellora de vías municipais, segundo a memoria técnica elaborada por Catia Sofía Martíns Correira, obras que constitúen un servizo público á poboación do concello, en que se implanta a instalación de xestión de residuos titularidade de Sogama, e que terá incidencia directa na mellora do tráfico e, por tanto, na redución de emisións contaminantes

28.11.2022

150.000,00 €

Cerceda, 17 de xaneiro de 2023

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.