Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2023 Páx. 11816

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2023 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Informática Industrial e Robótica pola Universidade da Coruña e a Universidade de La Laguna.

O máster universitario en Informática Industrial e Robótica obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. O carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) estableceuse mediante o Acordo do Consello de Ministros, do 28 de decembro de 2021, publicado mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades, do 5 de xaneiro de 2022, no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 15 de xaneiro.

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Informática Industrial e Robótica pola Universidade da Coruña e a Universidade de La Laguna, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2023

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Informática Industrial y Robótica pola Universidade da Coruña e a Universidade de La Laguna

Código RUCT: 4317172.

Plan de estudos que se inicia no curso 2020/21.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...………

Optativas (OP)…..……….………………………

Prácticas externas (PE)………………………...

Traballo fin de máster (TFM)………………..…

Total……………………………………………….

27

21

3

9

60

Os 21 créditos optativos distribúense como se indica a seguir:

– 3 créditos optativos do módulo principal, que dependerá da titulación pola cal o alumnado accede ao máster:

• Titulacións de enxeñaría da rama industrial (tecnoloxía específica eléctrica e tecnoloxía específica electrónica industrial e automática) escollerán entre:

– Redes Informáticas de Comunicacións.

– Sistemas de Información en Contornas Industriais.

• Titulacións de informática e de ciencias, que escollerán entre:

– Automatización Industrial.

– Tecnoloxía de Control.

– 18 créditos optativos para cursar na universidade participante que o alumnado escolla:

• Módulo Robótica: impartido na Universidade da Coruña.

• Módulo Industria Conectada: impartido na Universidade de La Laguna.

3. Contido do plan de estudos.

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Principal

Accionamentos Industriais

OB

4,5

Automatización Avanzada

OB

4,5

Sistemas Embebidos

OB

4,5

Linguaxes de Alto Nivel para Aplicacións Industriais

OB

4,5

Robótica Intelixente e Sistemas Autónomos

OB

4,5

Programación Virtual de Instrumentos

OB

4,5

Automatización Industrial

OP

3

Tecnoloxía de Control

OP

3

Redes Informáticas de Comunicacións

OP

3

Sistemas de Información en Contornas Industriais

OP

3

Robótica

Python para Enxeñeiros Introdutorio

OP

3

Python para Enxeñeiros Avanzado

OP

3

Desenvolvemento de Aplicacións en Robótica: Introdución a ROS

OP

3

Desenvolvemento de Aplicacións en Robótica: ROS Avanzado

OP

3

Aplicacións de Robótica Autónoma

OP

3

Aprendizaxe Automática I

OP

3

Aprendizaxe Automática II

OP

3

Visión Artificial I

OP

3

Visión Artificial II

OP

3

Robótica Móbil

OP

3

Tecnoloxías Emerxentes de Fabricación

OP

3

Taller de Tecnoloxías Emerxentes de Fabricación

OP

3

Mecánica dos Sistemas Robóticos

OP

3

Simulación e Análise de Sistemas Robóticos

OP

3

Industria conectada

Comunicacións Industriais e Sistemas en Tempo Real

OP

3

Sistemas Ciberfísicos

OP

3

IoT Industrial

OP

3

Big-Data & Analytics

OP

3

Realidade Aumentada, Visión Artificial

OP

3

Fabricación Aditiva

OP

3

Smartcities-Smartregions

OP

3

Simulación para a Industria 4.0

OP

3

Intelixencia Computacional

OP

3

Cloud Computing

OP

3

Procesamento de Sinais con Aprendizaxe Automática

OP

3

Metaheurísticas

OP

3

Prácticas externas

Prácticas en Empresa

PE

3

Traballo fin de máster

Traballo Fin de Máster

TFM

9

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral e no curso existe un equilibrio de créditos entre o 1º e o 2º cuadrimestre.

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Informática Industrial e Robótica pola Universidade da Coruña e a Universidade de La Laguna.