No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 298, do 30 de decembro de 2022, publicouse integramente a convocatoria e as bases para o ingreso nas prazas de persoal laboral fixo (D.A. 6ª e D.A. 8ª da Lei 20/2021) que a seguir se relacionan:
– Unha praza de traballador/a social, persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.
– Tres prazas de auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.
– Unha praza de operario de servizos múltiples, persoal funcionario, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.
– Dúas prazas de socorrista, persoal laboral fixo descontinuo, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos cando proceda de conformidade co establecido nas bases.
Paradela, 31 de decembro de 2022
José Manuel Mato Díaz
Alcalde