A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria do 29 de decembro de 2022, adoptou o seguinte acordo de aprobación da oferta de emprego público 2022 (expediente 39061/220).
Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Vigo para o ano 2022, integrada polas seguintes prazas vacantes:
Praza |
PI |
L |
Total |
|
FC |
Administrativo/a Admón. xeral |
3 /1* |
3 |
6 |
FC |
Alguacil |
1 |
1 |
|
FC |
Auxiliar Admón. xeral |
1 |
1 |
|
FC |
Bombeiro |
10 |
10 |
|
FC |
Condutor-bombeiro |
4 |
4 |
|
FC |
Cabo extinción incendios |
1 |
1 |
2 |
FC |
Sarxento extinción incendios |
2 |
2 |
4 |
FC |
Oficial extinción incendios |
1 |
1 |
|
FC |
Diplomado/a en traballo social |
2 (1*) |
2 |
|
FC |
Economista |
1 |
1 |
|
FC |
Enxeñeiro/a camiños |
2 |
2 |
|
FC |
Enxeñeiro/a industrial |
1 |
1 |
|
FC |
Operario peón |
1 |
1 |
|
FC |
Subalterno/a |
4 (1 *1**) |
4 |
|
FC |
Policía |
13 (4 MH) |
13 |
|
FC |
Programador/a informático/a |
1 |
1 |
|
FC |
Técnico/a Admón. xeral (r. xurídica) |
1 |
3 (1 *) |
4 |
FC |
Técnico/a auxiliar de segur. e mobilidade |
1 |
1 |
|
FC |
Técnico/a de sistemas |
1 |
1 |
|
FC |
Técnico/a de xestión |
1 |
1 |
|
FC |
Técnico/a medio/a serv. económicos |
1 |
1 |
|
LAB |
Axudante oficios |
2 (1*) |
2 |
|
LAB |
Capataz |
1 |
1 |
|
LAB |
Oficial albanel |
2 |
2 |
|
LAB |
Oficial almaceneiro |
1 |
1 |
|
LAB |
Oficial condutor |
2 |
2 |
|
LAB |
Oficial instalacións |
2 |
2 |
|
LAB |
Oficial instalacións-IMD |
2 |
1 |
3 |
Total |
10 |
58 |
75 |
(1*) Reservado diversidade funcional.
(1**) Reservado diversidade funcional intelectual.
(MH) Mobilidade horizontal.
Segundo. Ordénase a publicación desta oferta no BOP e no DOG e a notificación deste acordo ao Comité de Persoal, Intervención Xeral e ao persoal técnico da Área de Recursos Humanos e Formación, para os efectos oportunos.
Contra este acordo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo, perante os xulgados do contencioso-administrativo de Vigo, no prazo de dous meses tamén desde o día seguinte ao da notificación ou publicación do acto administrativo firme, nos supostos, termos e condicións do previsto nos artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 2 de xaneiro de 2023
O alcalde
P.D. (Decretos da Alcaldía do 16.4.2021 e do 6.9.2022
e acordos da Xunta de Goberno Local do 22.4.2021 e do 8.9.2022)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira delegada da Área de Seguridade, Contratación e Xestión Municipal