No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 249, do 29 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover as seguintes prazas, pola quenda de promoción interna, mediante o procedemento de concurso-oposición:
– Unha (1) praza de conserxe de mercado, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, encadrada na agrupación profesional, nivel de CD 14.
– Unha (1) praza de mestre electricista, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, persoal de oficios, grupo C, subgrupo C2, nivel de CD 18.
– Dúas (2) prazas de administrativos, pertencentes á escala da Administración xeral, subescala administrativa, encadradas no grupo C, subgrupo C1, nivel de CD 20.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda conforme as bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da sede do Concello de Marín.
Marín, 10 de xaneiro de 2023
María Ramallo Vázquez
Alcaldesa