En sesión que tivo lugar o 26 de xaneiro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro) e modificada pola Resolución do 17 de decembro de 2020 (DOG núm. 262, do 31 de decembro), para cualificar o proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro),
ACORDOU:
Primeiro. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base.
Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.
Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2023
Alberto Gutiérrez Piñeiro
Presidente do tribunal
ANEXO
Nº de orde |
NIF |
Apelidos e nome |
1º exercicio |
2º exercicio |
Concurso |
Total |
1 |
***3865** |
Sánchez André, Sara |
42,61 |
Exento/a |
38,00 |
80,61 |
2 |
***0617** |
Veiga Rodeiro, Sergio |
39,97 |
Exento/a |
33,05 |
73,02 |
3 |
***4898** |
López Astray, José Luis |
32,69 |
Exento/a |
38,00 |
70,69 |
4 |
***4046** |
Rielo Iglesias, María Luz |
32,64 |
Exento/a |
38,00 |
70,64 |
5 |
***4103** |
Quintela Loureiro, Elena |
31,40 |
Exento/a |
37,92 |
69,32 |
6 |
***7820** |
Vázquez López, Begoña |
32,72 |
Exento/a |
36,00 |
68,72 |
7 |
***1024** |
García López, Cristina |
43,02 |
Exento/a |
0,00 |
43,02 |
8 |
***7979** |
Ares Calvo, Claudia |
32,06 |
Exento/a |
9,40 |
41,46 |