Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2023 Páx. 11366

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2023

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2022

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Terceira addenda ao acordo de colaboración, do 8 de xuño de 2018, entre a Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a dotación de tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito da medida 20 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Densevolvemento Rural (Feader).

– Modificar a cláusula segunda coa finalidade de variar o financiamento, así como o anexo I (Proxectos que se van desenvolver).

– Modificar a cláusula cuarta do acordo coa finalidade de definir o alcance da memoria vinculante.

– Modificar a cláusula sexta co fin de prorrogar a vixencia do acordo ata a data de finalización da vixencia das prórrogas contractuais e, en todo caso, o 30 de setembro de 2023.

26.12.2022

1.151.679,06 €

Addenda ao convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2022.

Modificar o punto 2 da cláusula segunda, modificar as achegas anuais feitas por cada unha das partes, modificar as alíneas a) e b) do punto 1 da cláusula quinta, modificar a relación de centros que figuran no anexo e ampliar a vixencia ata o 31 de outubro de 2023.

28.10.2022

Sen achega económica

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as deputacións provinciais da Coruña e Lugo, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais para o desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais.

Redistribución dos importes das partidas orzamentarias achegadas pola Dirección Xeral de Administración Local e pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sen modificar a contía total achegada pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e tampouco o importe total do convenio.

2.11.2022

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Veiga para a creación dunha estación base de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Acordar a participación e a colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Veiga para realizar actuacións estruturais vinculadas á prevención e defensa contra incendios forestais mediante a creación dunha estación base de defensa forestal na Veiga destinada a albergar medios humanos e materiais de prevención e defensa contra incendios con operatividade no ámbito da comarca forestal a que pertence o concello.

28.9.2022

372.750,00 €

Primeira addenda ao convenio interadministrativo entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local Concello de Verea para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2022, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Incrementar, nunha brigada, as accións de prevención e defensa contra os incendios forestais que se recollen no convenio.

7.9.2022

30.000,00 €

Quinta addenda ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

Ampliar a vixencia ata o 31 de decembro de 2023, eliminación do límite de 10 ha/ano de actuacións subsidiarias nos concellos seleccionados pola comisión de seguimento e actualizar o orzamento coas achegas da Consellería do Medio Rural para os exercicios 2022 e 2023.

19.12.2022

9.000.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e a Deputación Provincial da Coruña, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais.

Colaborar no desenvolvemento dos grupos de emerxencias supramunicipais como grupos operativos en emerxencias de ámbito supramunicipal, para completar o mapa de emerxencias da provincia da Coruña; a participación destes en tarefas de prevención de incendios e a colaboración na extinción de incendios forestais.

30.12.2022

2.304.750,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e a Deputación Provincial de Lugo, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais.

Colaborar no desenvolvemento dos grupos de emerxencias supramunicipais como grupos operativos en emerxencias de ámbito supramunicipal, para completar o mapa de emerxencias da provincia de Lugo, a participación destes en tarefas de prevención de incendios e a colaboración na extinción de incendios forestais.

30.12.2022

761.250,00 €

Quinta addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. para o despregamento da rede de vixilancia dos espazos forestais de Galicia, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Para unha vixencia ata o ano 2025:

– A instalación, mantemento e operación técnica dos elementos tecnolóxicos necesarios para a vixilancia dos espazos forestais de Galicia, dos elementos de fixación e gravación, do software de xestión, e a integración de novas cámaras e elementos necesarios nas infraestruturas.

– A adquisición e instalación de dous vans de enlace de microondas, incluídos os proxectos técnicos, necesarios para a dotación de conectividade a novas cámaras instaladas.

– O albergamento en torre con acceso ao punto de enerxía e a conectividade necesaria nos centros.

– Un plan de renovación das cámaras de videovixilancia instaladas na primeira e segunda fase do proxecto.

– A adquisición dun hardware e software específico que posibilite o ofuscamento das imaxes captadas polas cámaras que integran a Rede de vixilancia forestal, así como o mantemento preventivo e correctivo asociado.

– A adquisición do hardware e software necesario para almacenar as imaxes ofuscadas sobre servidores postos á disposición pola Amtega e/ou Retegal.

30.12.2022

1.687.829,57 €

Acordo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal e a Axencia Galega da Industria Forestal, e a Amtega para o financiamento e sustentabilidade de sistemas de información da cadea monte industria.

Establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre a Consellería de Medio Rural e a Amtega para o desenvolvemento evolutivo e soporte de diversos sistemas de información que permitan o apoio no desenvolvemento das competencias encamiñadas á planificación, ordenación, fomento, mellora da produción e conservación dos recursos forestais, así como do desenvolvemento e dixitalización da industria forestal de Galicia.

27.10.2022

3.005.000,00 €

Addenda de modificación e prórroga ao convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento do inventario forestal continuo de Galicia.

Realizar as seguintes modificacións no convenio asinado o 31 de marzo de 2020:

Cláusula quinta, coa finalidade de adaptar e incorporar o financiamento correspondente, en concordancia coa reprogramación de achegas e tarefas e o novo período de vixencia.

Cláusula sexta, co obxecto de ampliar o prazo de presentación da documentación xustificativa relativa a gastos de persoal ata o 15 de decembro.

Cláusula oitava, para prorrogar a vixencia ata o 31 de decembro de 2024.

Anexos I e II, co fin de adaptalos ás modificacións das cláusulas quinta e oitava, así como reprogramación das tarefas e perfís profesionais.

23.12.2022

530.380,00 €

Addenda de prórroga e modificación do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Agrupación Española de Entidades Aseguradoras de Seguros Agrarios Combinados, S.A. (Agroseguro), para o fomento dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prorrogar ata o 31 de decembro de 2023 a duración do convenio de colaboración, asinado o 31 de decembro de 2018 entre a Consellería do Medio Rural e Agroseguro para o fomento dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

19.12.2022

Sen achega económica

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Baña para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Camiño na Lagoa e outro.

19.12.2022

44.998,22 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Ares para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Urbanización de camiño: Cruceiro-Chanteiro e

Real-Chanteiro.

20.12.2022

47.631,66 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Boimorto para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pista das Brañas cara ao monte.

21.12.2022

45.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Boqueixón para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora do pavimento en Donas.

19.12.2022

48.399,99 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Carral para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora da capa de rodaxe de camiño en Balbén, San Vicente de Vigo.

22.12.2022

48.382,82 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Coirós para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de vías rurais na Espenuca e outros.

17.12.2022

48.304,25 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Ferrol para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Execución de camiño na aldea de Pazos, parroquia de Mandiá.

19.12.2022

8.960,57 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Frades para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Melloras no camiño da N-634 a Brañas de Ulló (Céltigos) e outro.

21.12.2022

48.398,85 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Irixoa para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de firme viario O Sacramento-A Graña.

19.12.2022

40.942,58 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Lousame para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Camiño cruzamento Silvarredonda ás Minas de San Fins.

19.12.2022

48.391,70 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Mañón para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Camiño en Vila de Bares.

20.12.2022

48.397,04 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Mesía para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Camiño de Guitiriz á Ribeira (Visantoña).

19.12.2022

47.945,66 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Pino para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Acondicionamento de pista de Frechazo Derradeiro a Leiras.

19.12.2022

48.396,02 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Rois para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Acceso a Tourís e Ferreiros.

19.12.2022

45.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Touro para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Camiño ata o río Lañas-Subres e outros.

17.12.2022

45.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Val do Dubra para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Camiño cruzamento de Vilalba (Coucieiro) A Cavada (Paramos).

17.12.2022

44.994,77 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Vedra para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de camiños en Nande, O Terrón e San Gregorio.

19.12.2022

44.974,57 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Vilarmaior para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Ponte sobre o rego Candelo en Vilarmaior.

19.12.2022

100.171,64 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Vilasantar para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Ensanchamento e rehabilitación de ponte sobre o río Cabalar.

19.12.2022

78.707,78 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Baleira para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Execución da capa de rodaxe en aglomerado no acceso ao núcleo de Castiñeiras desde A Ferrería.

14.12.2022

48.376,26 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Bóveda para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mantemento e mellora de camiños en Casbeiro, Piñeiro e Guntín.

19.12.2022

48.399,70 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Chantada para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Reparación de camiño en Amedo, San Fiz.

20.12.2022

36.462,82 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Corgo para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Acondicionamento do pavimento de pistas municipais en Vilanova-San Fiz, núcleo de Laxes-Camposo e acceso a Vilaboa en Fonteita.

19.12.2022

43.784,15 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Cospeito para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación de vías de titularidade municipal na parroquia de Momán.

19.12.2022

48.399,99 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Folgoso do Courel para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Rexeneración da estrada de acceso a Lousadela p.q. +0,00 a p.q.+1,800.

13.12.2022

39.846,75 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Friol para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación do camiño municipal da Cabana ao límite municipal de Sobrado.

13.12.2022

47.035,57 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Guntín para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Reparación da vía de acceso de Vigo a Zolle.

20.12.2022

39.982,82 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Mondoñedo para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Obras complementarias na concentración parcelaria de Mondoñedo Norte.

13.12.2022

48.387,49 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello das Nogais para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora do firme de camiños nos núcleos do Mazo, Chan de Vilar e Vilabol.

20.12.2022

48.396,71 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Outeiro de Rei para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Acondicionamento de camiños municipais nas parroquias de Cela e Caboi.

20.12.2022

48.397,57 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Pantón para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora do camiño municipal en Pombeiro.

19.12.2022

48.276,25 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Páramo para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación da vía municipal (O Páramo-Lamacemón).

20.12.2022

48.395,69 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Portomarín para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Reafirmado dos accesos aos núcleos das Casas Novas e Quintá.

20.12.2022

48.399,13 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Quiroga para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural das obras Reparación e mellora do acceso a Pacios da Serra e pavimentación de camiños municipais de acceso aos núcleos de Vilar de Mondelo e Chao da Casa.

21.12.2022

126.441,58 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Riotorto para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de accesos aos núcleos de Cruz, A Ermida, Carboeiro.

13.12.2022

47.376,12 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Sober para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mantemento e mellora dos accesos de Nogueira ao miradoiro da Pena do Conde.

14.12.2022

48.219,69 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Baltar para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de camiños en Baltar para paliar problemas de arrastres de materiais sobre a estrada OU-304.

14.12.2022

24.465,28 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Beariz para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de camiños no concello de Beariz.

15.12.2022

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello dos Blancos para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de camiños de acceso nos Blancos.

14.12.2022

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Boborás para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Obras de mellora da rede viaria municipal.

15.12.2022

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Carballeda de Avia para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Ampliación e remate de camiño na Veiga.

14.12.2022

22.351,76 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Cartelle para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Obras de reparación e melloras da pista Freixoso-A Lama Grande.

16.12.2022

48.397,28 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Castrelo de Miño para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora da capa de rodaxe do camiño Fondodevila-As Bouzas do p.q. 0+650 a p.q. 1+300.

15.12.2022

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Castro Caldelas para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación do núcleo de Vilamaior.

14.12.2022

48.131,46 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Cortegada para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Muros de contención.

14.12.2022

47.672,50 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Esgos para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de camiño de acceso ao núcleo de Esgos.

14.12.2022

45.061,94 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Irixo para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de infraestrutura viaria en Parada de Labiote.

14.12.2022

47.943,04 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Larouco para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora da estrada Larouco-Seadur.

19.12.2022

48.399,99 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Leiro para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora aos núcleos de Paredes, Sa e Serantes.

19.12.2022

48.397,12 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Manzaneda para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Obras de mantemento de pavimentación de acceso a Borruga e OU-44008, termo municipal de Manzaneda.

16.12.2022

42.389,36 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Montederramo para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de camiños rurais.

15.12.2022

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Monterrei para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de camiño de acceso a explotación en Guimarei.

19.12.2022

34.080,33 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Muíños para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora do camiño de acceso ao núcleo rural do Rañadoiro.

19.12.2022

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Paderne de Allariz para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mantemento de camiños Penelas, Neboeiro, Solbeira e outros.

19.12.2022

48.250,01 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Pereiro de Aguiar para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora do acceso ao Pereiro de Alén.

14.12.2022

47.999,15 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Peroxa para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora da estrada de Cinco Nogueiras a OU-0502.

15.12.2022

47.677,11 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Piñor para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora do camiño de acceso a Senra.

15.12.2022

47.162,05 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Riós para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de camiño no núcleo rural de Riós.

16.12.2022

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Toén para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Reparación de capa de rodaxe de vías municipais en Moreiras.

14.12.2022

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Verea para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora da capa de rodaxe no camiño Pitelos á pista Balín.

15.12.2022

47.937,39 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Vilar de Santos para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de camiños.

17.12.2022

48.390,01 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Xunqueira de Ambía para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación de camiño rural na Graña.

20.12.2022

78.124,61 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Arbo para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora da rodaxe en vías municipais en Teimende e Cea.

17.12.2022

48.396,89 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Cerdedo-Cotobade para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de vías municipais en Cerdedo.

21.12.2022

94.295,23 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Covelo para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación do camiño Vista Alegre na Graña.

19.12.2022

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e os concellos da Cañiza e Crecente para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Obras de entubado do canal de auga da Levada As Achas-O Gorgullón.

20.12.2022

35.700,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Crecente para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de camiños municipais na Serra (Crecente), Nane (O Freixo) e A Carreira (Angudes).

17.12.2022

48.395,22 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Dozón para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación dos accesos aos núcleos de Pereirón e As Maceiras.

17.12.2022

48.333,22 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Estrada para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Arranxo de camiños en Vilancosta-Berres.

19.12.2022

46.744,91 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Lalín para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora da vía de acceso ao núcleo de Ateán desde a

PO-534, Lalín.

22.12.2022

48.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Lama para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Acondicionamento de camiños en Verducido.

21.12.2022

39.841,55 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Marín para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Acondicionamento e pavimentación do camiño da Devesa entre Resille e O Lameiro.

21.12.2022

47.226,41 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Moraña para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación no núcleo rural da Barosela.

19.12.2022

47.669,57 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Mos para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora da pavimentación do camiño Ramallal e do camiño de Cantín (parroquia de Mos).

19.12.2022

43.022,02 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello das Neves para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación do camiño rural de Pousadouro-A Caíña. Tramo 1.

19.12.2022

48.398,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Oia para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de camiños municipais en Torroña e Acevedo.

17.12.2022

48.272,21 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Pazos de Borbén para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Asfaltado de camiño O Carballiño na parroquia de Amoedo e camiño a Farraleira na parroquia de Nespereira.

19.12.2022

48.302,01 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Porriño para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Melloras do asfaltado e do saneamento en vías municipais do Porriño: As Sequeiras e San Roque.

22.12.2022

48.386,94 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Portas para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora de camiño A Cachada.

20.12.2022

47.976,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Rodeiro para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Actuación en camiño de acceso ao Coto, Santa Mariña de Pescoso.

20.12.2022

48.317,37 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Rosal para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Mellora no camiño do Río.

20.12.2022

48.399,92 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Salvaterra de Miño para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación da vía municipal Puzo (Lira) Bos Aires (Soutolobre).

20.12.2022

48.388,82 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Soutomaior para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Repavimentación en Fondo da Vila-Moreira.

19.12.2022

48.399,01 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Valga para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural da obra Pavimentación de camiño rural desde o lugar de Casa de Amil a Baño.

19.12.2022

47.924,52 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Vilanova de Arousa para a realización de obras de infraestrutura rural.

A execución por parte da Consellería do Medio Rural das obras Mellora de vías na parroquia de Tremoedo e pavimentación camiño de acceso ao Centro de Investigación Mariña-Corón.

19.12.2022

96.773,97 €

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e as Comunidades de Regantes de Lamas-Ganade, Corno do Monte, Alta Limia e San Salvador de Sabucedo para a modernización de regadíos.

Incrementar o importe total e modificar a distribución por anualidades establecida na cláusula quinta.

29.11.2022

324.141,18 €

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e os concellos incluídos no Plan estratéxico do sector agrario da Limia para a reparación de camiños rurais (2ª fase).

A execución por parte da Consellería do Medio Rural das obras relativas ao Plan extraordinario mellora de camiños da Limia, 2ª fase, conforme o Plan extraordinario de infraestruturas agrarias 2021 destinadas ao uso público, conforme o proxecto establecido.

5.12.2022

550.690,23 €