Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2023 Páx. 11079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2021/00156 e un máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázanse as persoas indicadas no anexo para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio, ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar por escrito as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consideren pertinentes. Para iso poden consultar o seu expediente na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo, e vistas as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consten no expediente, ditarase a resolución que proceda.

Lugo, 18 de xaneiro de 2023

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI

Acto notificado

LU-2021/00156

35696006Y

Emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia

LU-2019/00074

33315799T

Emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia