No Boletín Oficial da provincia (BOP) da Coruña núm. 11, do 17 de xaneiro de 2023, publicáronse integramente as bases que rexerán na convocatoria para a provisión dunha (1) praza de policía, do corpo da policía local do Concello das Pontes de García Rodríguez, incluída na oferta de emprego público da entidade local do exercicio de 2020 (OEP-2020).
A provisión da praza levarase a cabo a través da quenda de mobilidade, consonte o establecido no artigo 43 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).
As Pontes de García Rodríguez, 17 de xaneiro de 2023
O alcalde
P.D. (Decreto 993/2019, do 24 de xuño; BOP núm. 121, do 28 de xuño)
Ana María Pena Purriños
Concelleira delegada da Área de Recursos Humanos, Industria e Emprego