Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2023 Páx. 11083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de residuos LU-RES-2022-014.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos obxecto da notificación foron adoptados polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda en Lugo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Lugo, 19 de xaneiro de 2023

Jesús Montouto González
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES-2022-014.

NIE: Y6121632N.

Acto notificado: acordo de inicio.