Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2023 Páx. 11009

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 12 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).

Advertidos erros materiais na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 11, do 17 de xaneiro de 2023, cómpre facer as seguintes correccións:

No anexo IV, na páxina 6466, onde di:

DATOS DA PERSOA SOLICITANTE

 Persoa física maior de idade

 Persoa física maior de idade consumidor VULNERABLE (a persoa solicitante é titular dunha subministración eléctrica beneficiaria do bono social cun 25 %-60 % de desconto no domicilio en que se actúa)

 Persoa física maior de idade consumidor VULNERABLE SEVERO (a persoa solicitante é titular dunha subministración eléctrica beneficiaria do bono social cun 40 %-70 % de desconto no domicilio no que se actúa)

Debe dicir:

DATOS DA PERSOA SOLICITANTE

 Persoa física maior de idade

 Persoa física maior de idade consumidor VULNERABLE (a persoa solicitante é titular dunha subministración eléctrica beneficiaria do bono social cun 65 % ou un 40 % de desconto(1) no domicilio en que se actúa)

 Persoa física maior de idade consumidor VULNERABLE SEVERO (a persoa solicitante é titular dunha subministración eléctrica beneficiaria do bono social cun 80 % de desconto(2) no domicilio en que se actúa)

(1) O Real decreto lei 18/2022 establece, no artigo 11, que o desconto para consumidores vulnerables será do 65 % ata o 31.12.2023. Ademais, no artigo 10 define un consumidor vulnerable temporal ata o 31.12.2023, ao cal se aplicará un desconto do 40 %.

(2) O Real decreto lei 18/2022 establece, no artigo 11, que o desconto para consumidores vulnerables severos será do 80 % ata o 31.12.2023.

No anexo VI, na páxina 6471, onde di:

DATOS DA PERSOA SOLICITANTE

 Persoa física maior de idade

 Persoa física maior de idade consumidor VULNERABLE (a persoa solicitante é titular dunha subministración eléctrica beneficiaria do bono social cun 25 %-60 % no domicilio no que se actúa)