Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2023 Páx. 11087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican uns trámites de audiencia como consecuencia duns recursos de alzada interpostos contra o Acordo de reestruturación parcelaria de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga-Vilar de Santos).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Rec.

Nome/DNI

Acto que se notifica

1

34448729L

Trámite de audiencia

1

71761051Q

Trámite de audiencia

30

34557064R

Trámite de audiencia

1

Rosa Fernández Martínez

Trámite de audiencia

1

Isolina Fernández Martínez

Trámite de audiencia