Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2023 Páx. 10733

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade aos convenios e protocolos de colaboración subscritos por este organismo no terceiro cuadrimestre do ano 2022.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro),

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios e protocolos subscritos pola Escola Galega de Administración Pública referida aos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2022

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Convenios e protocolos de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e
decembro de 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe

Protocolo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello de Pontevedra para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

29.9.2022

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística para a organización do II Curso de cuestións de actualidade e relacións de colaboración con axentes implicados na disciplina urbanística.

29.9.2022

Sen achega económica por parte da EGAP