Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación, da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS TRO701 CT Subride, no concello de Vigo, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 16 de xaneiro de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2019/230-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTS TRO701 CT Subride.
Concello: Vigo.
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Deposito prezo xusto |
1 |
6660212NG2766S0001IO |
José María Calderón Orth |
2023/54/11 |