Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2023 Páx. 10599

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO da aprobación do alleamento de bens patrimoniais.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ribadavia, en sesión do 22 de decembro de 2022, aprobou o alleamento dos seguintes bens patrimoniais de titularidade do Concello de Ribadavia, polo procedemento de concurso:

– Lote 1.

Rúa dos Fornos, 22.

Referencia catastral: 0823711NG7802S.

Valoración: 4.427,40 €.

– Lote 2.

Rúa dos Fornos, 24 e 26.

Referencias catastrais: 0823712NG7802S e 0823713NG7802S.

Valoración: 12.343,16 €.

– Lote 3.

Rúa San Martiño, 13.

Referencia catastral: 0723706NG7802S.

Valoración: 9.919,56 €.

O prego de cláusulas administrativas particulares exporase na páxina web do Concello de Ribadavia. O prazo de presentación de ofertas será de trinta (30) días naturais desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ribadavia, 5 de xaneiro de 2023

Noelia Rodríguez Travieso
Alcaldesa