Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2023 Páx. 10576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se somete a información pública o documento inicial da Estratexia galega de mobilidade.

En relación coa Estratexia galega de mobilidade, e ao abeiro do punto cuarto do Acordo do 19 de xaneiro de 2023, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se acorda o inicio da súa tramitación, sométese o documento inicial da dita Estratexia galega de mobilidade a un trámite de información pública que se levará a cabo durante un prazo de dous (2) meses, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os documentos que se someten a información pública son os que compoñen o documento inicial da Estratexia galega de mobilidade.

A documentación que forma o expediente estará á disposición da cidadanía, en días e horas hábiles de oficina, nos locais da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade en Santiago de Compostela (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n), así como na páxina web oficial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no seguinte enderezo:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/outros-expedientes

Tamén estará dispoñible na páxina web da Estratexia galega de mobilidade:

https://estratexiagalegademobilidade.gal/gl/conece-a-egm/documentos

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2023

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade