Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2023 Páx. 9856

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CO300B).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 23 das bases reguladoras da orde, publícanse as subvencións concedidas por resolución da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación (Orde do 21 de marzo de 2022, DOG núm. 63, do 31 de marzo), relacionadas no anexo.

Norma reguladora: Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código do procedemento CO300B).

Crédito orzamentario: 500.000 €.

Aplicación orzamentaria: 06.03.751A.781.1.

Finalidade: a concesión de subvencións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2023

Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio e Consumo

ANEXO

Entidades beneficiarias da subvención para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de
dinamización comercial

Expediente

Entidade beneficiaria

Subvención concedida

CO300B-2022-01

Asociación de Minoristas del Puerto de A Coruña

7.986,00 €

CO300B-2022-02

Asociación de Empresarios y Comerciantes do Val Miñor

8.462,62 €

CO300B-2022-03

A Mariña Federación

36.000,00 €

CO300B-2022-04

Federación Unión de Comercios Coruñesa

36.000,00 €

CO300B-2022-05

Federación de Asociaciones de Comerciantes, Empresarios, Industriales y Artesanos del Sur de Galicia

27.412,58 €

CO300B-2022-06

Federación Gallega de Asociaciones y Gremios de Joyeros, Relojeros y Plateros

36.000,00 €

CO300B-2022-07

Federación de Libreros de Galicia

12.407,13 €

CO300B-2022-08

Consorcio do Comercio do Salnés

21.024,96 €

CO300B-2022-09

Federación de Profesionais e Pequenos Empresarios-Rías Baixas

36.000,00 €