Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2023 Páx. 9927

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón ás consellerías e demais entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Igualdade nos meses de maio a agosto do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2023

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Monte Real Club de Iates Baiona pola realización de actividades de navegación terapéutica con mulleres vítimas de violencia de xénero e as súas fillas e fillos, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

20.9.2022

37.980 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e ACCEM para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización en materia de violencia sexual e trata con fins de explotación sexual, e apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

29.11.2022

12.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a entidade Aliad-Ultreia, para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización en materia de violencia sexual e trata con fins de explotación sexual, e apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

29.11.2022

12.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a entidade Aliad-Ultreia, para o mantemento dun dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de explotación sexual e trata.

29.11.2022

35.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e entidade Fundación de Solidaridad Amaranta para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización en materia de violencia sexual e trata con fins de explotación sexual, e apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

29.11.2022

12.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a entidade Cáritas Ourense para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización en materia de violencia sexual e trata con fins de explotación sexual, e apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

29.11.2022

12.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a entidade Cáritas Santiago para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización en materia de violencia sexual e trata con fins de explotación sexual, e apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

29.11.2022

12.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a entidade Ecos do Sur para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización en materia de violencia sexual e trata con fins de explotación sexual, e apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

29.11.2022

12.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a entidade Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización en materia de violencia sexual e trata con fins de explotación sexual, e apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

1.12.2022

12.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a entidade Médicos do Mundo para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización en materia de violencia sexual e trata con fins de explotación sexual, e apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

29.11.2022

16.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a entidade HH Oblatas de Ferrol para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización en materia de violencia sexual e trata con fins de explotación sexual, e apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

29.11.2022

12.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar), para o mantemento do servizo Dedaleira, especializado en información e asesoramento afectivo-sexual para as mulleres con discapacidade e a súa contorna.

29.11.2022

55.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar), para a elaboración dun recurso para a sensibilización e prevención da violencia sexual dixital nas mulleres e nenas con discapacidade.

29.11.2022

38.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Meniños para o desenvolvemento dun programa de intervención con mulleres vítimas de violencia sexual en Galicia.

1.12.2022

78.143 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Juan Soñador para o desenvolvemento do proxecto Malaikas para o apoderamento de mulleres migrantes en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión social.

1.12.2022

35.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur) para o desenvolvemento de accións de sensibilización e formación fronte á violencia de xénero e apoio ás súas vítimas.

1.12.2022

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación pola Igualdade das Mulleres da provincia de Pontevedra (Femupo) para o desenvolvemento de actuacións de concienciación e sensibilización sobre a violencia de xénero incluídas no proxecto Mulleres en construción 3.0.

1.12.2022

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, Femuro, para o desenvolvemento de accións de sensibilización fronte á violencia de xénero e apoio ás súas vítimas.

1.12.2022

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a entidade Federación Galega de Loita (Fegaloita), para desenvolvemento dun proxecto de accións enmarcadas no proxecto de apoderamento e autocapacidades con mulleres vítimas da violencia de xénero.

1.12.2022

40.000

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama e Xinecolóxico (Adicam), para o desenvolvemento de accións de atención e asesoramento socioasistencial para mulleres vítimas de violencia de xénero.

1.12.2022

15.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo para o desenvolvemento de accións de prevención da violencia de xénero e atención ás súas vítimas.

1.12.2022

25.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e igualdade e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao para o desenvolvemento de accións de prevención, sensibilización e detección da violencia de xénero.

1.12.2022

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Club Praia de Pantín para desenvolver distintas accións previstas no Plan Corresponsables.

20.9.2022

66.053 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Club Praia de Pantín para desenvolver distintas accións previstas no Plan Corresponsables.

7.12.2022

78.404,26 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación Nós Mesmas para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais)

5.10.2022

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación Alas Coruña (Asociación pola Liberdade Afectivo Sexual da Coruña) para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

5.10.2022

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación Arelas (Asociación de Familias de menores Trans de Galicia) para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

5.10.2022

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación Pvlse Vigo LGTBIQ+ para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

5.10.2022

5.982,97 € €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación Comité Ciudadano Antisida de A Coruña-Casco para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais)

5.10.2022

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación de Mujeres para la Igualdad y la Visibilidad Lésbica LES-CORUÑA para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

5.10.2022

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Avante LGTB para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

5.10.2022

2.000 €