Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2023 Páx. 10163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Cumadeira, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de Rexistro de Cooperativas de Galicia, a entidade Cumadeira, S. Coop. Galega, en asemblea xeral do Consello Reitor, que tivo lugar o 30 de xuño de 2022, acordou por unanimidade das persoas socias o cambio do domicilio social fóra do termo municipal en que antes estaba, coa consecuente modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, que queda redactado da seguinte forma: o domicilio social da cooperativa establécese no lugar de Cuíña, s/n, no concello de Mazaricos, na provincia da Coruña (CP 15258).

O domicilio social poderá ser trasladado dentro do mesmo termo municipal por acordo do Rexistro de Cooperativas. O dito acordo deberá comunicarse formalmente ás persoas socias.

Para trasladar o domicilio social fóra do termo municipal en que antes estaba será necesario o acordo da Asemblea Xeral.

O cambio do domicilio social publicarase nun dos diarios de maior circulación da provincia do domicilio social da cooperativa.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2023

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña