Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2023 Páx. 9801

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación do proxecto de obras do proxecto básico e de execución da ampliación da vía en Suevos e do inicio do expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta por razóns urbanísticas para a obtención dos terreos afectados (expediente 2022/U040/000009).

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que o 12 de xaneiro de 2023, mediante a Resolución da Alcaldía número 50/2023 foi aprobado o proxecto de obras do proxecto básico e de execución da ampliación da vía en Suevos, redactado polo arquitecto Miguel Ángel Abad Blanco (con núm. de colexiado 1877) e pola enxeñeira de camiños Raquel Vázquez Seoane (con núm. de colexiada 25552) e, inicialmente, o proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas para a execución do proxecto aprobado.

Así mesmo, consonte a devandita resolución, procede someter á información pública por período dun mes o referido proxecto mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio, como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación dos bens e dereitos afectados é a seguinte:

Núm.

Ref. catastral

Titularidade

Elemento

Sup. total

(m2)

Exprop. def. (m2)

1

15005A088002100000PL

Zas, Dolores

Solo

623

11

2

15005A088002090000PF

Gestal Sánchez, María Carmen

Gestal Sánchez, Juana

Gestal Sánchez, Olga

Gestal Sánchez, José Antonio

Gestal Sánchez, María del Mar

Solo

334

8

Almacén tipo hórreo

20

20

3

001310500NH49G0001IR

Souto Pintor, Águeda,

Hdos. de Lorenzo Vázquez, Rogelio

Souto Couso, María de los Ángeles

Solo

152

13

4

15005A088001410000PY

Souto Pintor, Águeda,

Hdos. de Lorenzo Vázquez, Rogelio

Souto Couso, María de los Ángeles

Solo

561

9

5

15005A088004200001AX

Concello de Arteixo

Solo

139

139

6

15005A088004210001AI

Souto Lorenzo, Modesto

Solo

171

7

7

15005A088004220001AJ

Doval Vázquez, José Manuel

Solo

104

11

8

15005A088004230001AE

Hros. de Ferreiro Méndez, José

Solo

37

25

9

15005A088004140001AK

Rodríguez Vázquez, Susana

Sánchez Martínez, Manuel

Solo

130

6

10

15005A088001890001AO

Sande Martínez, José Luis

Sande Martínez, Isidro

Sande Martínez, María Olga

Solo

34.258

7

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido, na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, 249, 3º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación, ou ben tentada esta non se puidese efectuar, sirva esta de notificación co alcance e coa finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 13 de xaneiro de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto 1/2023, do 2 de xaneiro)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano